NOS-UP limpando Galiza

Nós-Unidade Popular entregou a Junta de Galiza toda a simbologia fascista retirada dos espaços públicos galegos durante o último ano e medio.
NOS-UP iniciou em Novembro de 2005 umha campanha pola retirada de simbologia fascista presente em edificios, sedes e espaços públicos da Galiza. Umha campanha na que denuncian a falta de compromisso institucional na eliminaçom dos símbolos que exaltam a dictadura militar e o golpismo espanhol e que rematou o pasado día 13 deste mesmo mes cando varios representantes de NOS-UP entregarom na sede da Junta de Galiza toda a simbologia fascista retirada no derradeiro ano e medio. Entregarom tamém a documentacióm relativa á campanha incluindo o censo das moitisimas placas, escudos, cruces, simbolos falangistas e outros elementos de propaganda fascista retirados dos espaços públicos da Galiza neste periodo de tempo. Ademais, entregarom tamém umha carta na que se reclama o cumprimento das leis no tocante a necesaria eliminaçom dos símbolos franquistas que todavía quedan repartidos por toda a geografia galega.






¿Apariencia ou coherencia?

Nom hai dubida de que o mais importante num grupo ultra/hooligan... é a coherencia.
Um grupo ultra/hooligan... podese analizar de duas maneiras (simplificando muito ja que logo entrariase en diferentes aspectos dentro desas duas maneiras). Podese analizar um grupo tendo en conta a súa aparencia de portas afora (número de membros, tifos, contundencia...) ou podese analizar um grupo tamem tendo en conta a sua coherencia de portas adentro (relacions co clube, se som fieis aos seus propios valores ou nom e a ese tipo de cousas q vam todas relacionadas).
Normalmente a gente juzga aos grupos pola sua aparencia, e os que melhores tifos fam, os que mais membros tenhen ou os que mais se pegan som automaticamente os melhores grupos. Sem embargo, como ultras/hooligans... que nos consideramos tinhamos que ver por outro lado como estos grupos, aparentemente punteiros, conseguiron estar a ese nivel, se polo seu propio esforzo ou grazas a umha delicada diplomacia ca directiva de turno, ou se polo contrario som um grupo bastante (ou totalmente, que tamen habera casos) financiado pola directiva do seu clube e polo tanto se convirtem num grupo vendido a esa directiva em maior ou menos medida. Ademais aqui entraria a debate tamem se ese grupo e fiel aos seus valores e a evoluciom que estos tiverom ao largo da historia do colectivo em cuestiom.
Moitas veces, nom sempre nim muito menos, as apariencias otorgam um reconhecemento a grupos que nom o merecen tanto, mentres que outros grupos em apariencia menos bos, som menospreciados simplemente polo feito de que a sua trajectoria nom é tam vistosa coma a de outros.
Para algums é mais importante um tifo, o numero de gente activa que trabalha polo grupo ou a contundencia, e é umha opiniom totalmente respetable, pero tampouco hai que olvidar que hai grupos que intentan manterse coherentes consigo mesmos e ca sua historia, independentes e autónomos e por isso en apariencia as veces lucen menos. Esa coherencia é fundamental para que um grupo, ja sejam muitos ou poucos, "chungos" ou nom "chungos", tifadores ou nom tifadores, evolucione de maneira favorable e auténtica.

¡Nom ao futbol moderno!

Coa creacióm das SAD, a lei Bosman e os cartos das televisions no futbol, intentaron facernos creer que os males remataran, o que nos encontramos á a empresarios ajenos ao futbol presidindo clubes, recalificacions ilegais, subida brutal dos abonos e entradas, dificultade para viajar ca nosso equipa, desmantelamento das canteiras, clubes en banca rota, horario de encontros lejos do interese general. Resumindo, dirigentes e jogadores quedaron co pastel e para os hinchas quedou pagar mais cartos...
A inmensa maioria dos hinchas estamos totalmente en contra do novo modelo de futbol que instauraron, pero a dia de hoje as nossas protestas limitanse ao ambito familiar, laboral ou da penha, e decir a queijarnos e nom facer nada.
Entendemos que os verdadeiros protagonistas do futbol somos nos, polo que deberiamos ser tomados en conta, sabemos que se nom o dicimos jamas o faran, polo que tendemos a man aos socios, penhas e grupos ultras/hooligans... do Estado para que tenhan en conta as nossas propostas, imos mencionar varias, que poden ser modificadas, ampliadas ou eliminadas, según seamos capaces de consensualas.
1- Rebaijar os abonos , as entradas e facilitar um numero de entradas a um prezo asequible para as hinchadas visitantes.
2- Crear umha comisiom entre clubes, TV e aficionados para establecer um acordo sobre os horarios dos partidos.
3- Prohibición dos clubes para cotizar na Bolsa.
4- Establecer un % dos orzamentos dos clubes para as fichas dos jogadores.
5- Venta de accions a um prezo asequible para que os hinchas sejan os donos dos clubes.
6- Establecer un % do aforo para as duas hinchadas que acceden as finais.
7- Creación de gradas de animación para todolos grupos ultras/hooligans... e as penhas.
METODO DE ACCION:
1- Recolhida de firmas nos estadios e via internet, para obter o apoio dos siareiros.
2- Pancartas mensajes en cada encontro.
3- Canticos coas nossas reivindicacions.
4- Manifestacions antes dos encontros.
5- Leva-la proposta ao resto de ligas europeas.
6- A nom renovacióm dos abonos nos vindeiros anos senom acceden a falar con nos.
7- ...
Queijarnos a diario de todolos problemas do futbol nom serve de nada, senom estamos dispostos a loitar por cambia-lo, so mediante a unidade entre penhas, socios e ultras/hooligans... podemos consegui-lo. ¿FACEMO-LO?

Historia dos Fende*Testas

A idea de crear Fende*Testas jurde no ano 1994, pero cando se fai a presentacióm oficial do grupo é no primeiro encontro de liga da tempada 1995-1996, coincidindo co derbi coa equipa amiga do Celta de Vigo, partido ganhado por 0-1. O estreo como se soe dicir, melhor imposíbel, e para remata-la festa, 7 días despois, un dos triunfos máis doces para o compostelanismo, derrotar en San Lázaro ao Deportivo por 4-0, sendo este partido a nossa presentacióm na casa, situándonos no Fondo Norte de San Lázaro. Dende o primeiro partido emitimos un fanzine que se titulou Bancada Norte.
Dende os comezos, o grupo definiuse de esquerdas e independentista, apoiando dende o comezo a idea de Siareir@s Galeg@s, loitando por umha selección galega (que ja vai sendo hora...) junto com gente de Vigo, Corunha, Ourense, Lugo,etc...
O primeiro tifo que se realizou foi o de amosa-lo nosso aprecio e respeito a un jogador que marcou varias tempadas o corazón dos siareiros, falamos de IRU, "ESKERRIK ASKO, IRU IRU" cando visitou o nosso campo coa sua nova equipa. Nesa mesma tempada, aproveitando a visita do Barça, desplegaronse umhas pancartas co nome de vilas marinheiras e un lema que dicia "ADIANTE MARINHEIROS", numha época de crise no sector marinheiro galego.
Nesta primeira tempada, ademais da viaje a Vigo e a Corunha, estivemos presentes en Bilbao, Santander, Valladolid, Salamanca, Gijón, Oviedo e algúns membros desprazaronse a Donosti. Estivemos de festa cos HNT, cos Celtarras (2 días de festa con 2 barras livres) e coa gente de Penha Mújika.
Este primeiro ano, a parte de fanzine, tamém editamos uns modelos de camisolas, gorras, chapas, chisqueiros, parches, e fotomontages.
O 29 de marzal do 1996 celebrase na sala Factoria de Compostela o concerto a prol dumha Seleccióm Galega Ja!!! com Scornabois, Xenreira e os Diplomáticos, estando presente gente de toda Galiza.
Ja na tempada seguinte, sacamos o modelo de bufandas do grupo. As viajes forom seguindo as mesmas, destacando a viaje de 5 membros do grupo a Madrid, para ve-lo partido contra o Mandril. Destacan esa tempada as viajes a Donosti com manifa incluida. Os ertzainas fliparon cando nos viron durmir (ou isso se intentaba) na estacióm de cercanias, vaia caras pujerom. Tamén estivemos en Bilbao, en Vigo (onde sempre ganhamos menos un ano), en Corunha... foi a melhor tempada do grupo, maior número de socios, festas... este ano estrenamo-lo bandeiróm coa lenda "ADIANTE COMPOSTELA", estreado num partido de copa. Num partido importante para a equipa, distribuimos 2000 folhas en apoio ao adestrador Fernando Vázquez co título de "VÁZQUEZ: ORGULHO DA BANCADA" como mostra do apoio da afección cara o adestrador nos momentos máis duros, con discrepancias claras entre Caneda e Vázquez. Foi o ano do incidente co coche de Fidalgo. Viaje a corunha entre semám, e chegando a corunha parannos as forzas de ocupaçom para dicirnos que sen entradas nom seguiamos. Venhem do Deportivo e pidennos 5000 ptas (30 €) polas entradas, entradas que en Riazor estabam a vender a 2000 pesetas. A gente indignouse e non nos deijarom seguir sen as entradas, cousa que ocorreu e voltaronnos de para casinha. De volta a Compostela, saqueo en Carral (destrozo total) por parte de afeccionados do Compos. Cando o nosso bus chega a San Lázaro, o coche de Fidalgo atópase destrozado e a nossa sorpresa é que nos días seguintes aparece a vinculacióm do ocurrido com Fende*Testas, sobre todo nun jornal corunhés que titulaba "LOS CULPABLES ENTRE REJAS" cumha foto da pancarta do grupo en pleno partido.
Tempada 1997-1998. Ano de crise. A equipa comeza mal e iso nótase tanto no grupo coma na afeccióm, descenso de socios. O grupo intenta mantela linha de anos atrás, pero nótase que San Lázaro está medio baldeiro. Fanse as viajes normais, sen organizar viajes para gente de fóra (agás algúm caso) pero nas últimas semanas, debido a que nos jogabamos a promocióm, houbo viaje masivo a Vigo e algo menos a Corunha (quedamos 2-6, pero poucos afeccionados forom debido ao alto custo das entradas que pujo Lendoiro). Ainda así, na última semana nom poidemos salvarnos da promocióm e tocounos jogar co Vila-real. Até alí desprazamonos membros do grupo, pasando 12 horas no autobús, pasando umha boa viaje e chea de compostelanismo, estando presente a nossa pancarta nas valhas do madrigal. Ao final, o resultado de todos sabidos, co respectivo descenso a 2ª divisióm. É o primeiro gran golpe para o clube despois de máis de 10 anos de alegrías.
Co descenso de categoría, descende aínda máis o número de socios, quedando un grupo reducido pero compacto, que viaja a Ourense. No resto, é un ano tranquilo, sen ningumha actividade. O grupo está en decaída, como o clube. Tempada sen penas nen gloria. Así pasaron dúas tempadas, até a 00-01, onde se recupera un derbi co Racing de Ferrol, con viajes por parte das afeccións dos 2 conjuntos. Esta tempada fechase co descenso e descalabro do Compos na última jornada en Elche.
Na tempada 2001-2002, en 2ª B, destacan os enfrontamentos cos conjuntos galegos do Lugo, Ourense e Pontevedra, destacando os diversos enfrontamentos (piques dialécticos) que se sucederon en Pasaron entre as dúas hinchadas que se atopaban misturadas, pero onde os compostelanistas dimos un ejemplo de animación e aguante. O clube calsificouse para a liguilha de ascenso, onde nos tocou jogar co Mérida, Valencia B e Barça B. Houbo un bus de siareiros que se desprazaron até Mestalla e no partido seguinte en casa contra o Barça B, o Compos asinou o ascenso a falha dunha jornada á 2ª A, con invasióm de campo e lanzamento de botes de fume, a parte de desplega-lo bandeirón. Era a primeira alegría que nos daba o clube en 4 anos. Este ano, desprazamonos en coche ao estranjeiro, indo a varias cidades de Asturies e Castela (Ponferrada, Zamora, León,...).
De volta na 2ª A, a tempada 2002-2003 presentabase divertida (menos derbis pero...) e desprazamonos a Ferrol, Eibar, Gijón, Salamanca... Pero a alegría dura pouco e por motivos economicos descendemos a 2ª B, sendo unha tempada catastrófica en tódolos sentidos. Isso sí, seguíamos o mesmo "grupo inreductíbel" de 7 membros que seguiamos acudindo ao fútbol. É o ano do derbi co Deportivo en San Lázaro pola Copa do Cam (quero dicer, do rei), con incidentes entre as afeccións debido á escasez das forzas de inseguridade co desenlace do falecemento do seguidor do depor. Aínda así, algún deportivista foi quente para casa. San Lázaro recuperou por um día um aspecto espectacular despois de varios anos. Pero a directiva non fijo o seu trabalho en canto ao deportivo e pasou o que ja todos sabemos, descenso a preferente "grazas" ao concelho, directiva e aos liquidadores que tam bem o fijeron.
Na tempada 2004-2005, a equipa faise a última hora debido aos intereses do Concelho de que non competira, pero hai que darlhe as grazas a un conjunto de rapaces que sinten as cores do Compos e que estiverom dispostos a seguir no clube. O grupo desprazase a Santa Comba,Vilalba, Padrón, Corunha, Ribeira, Ordes.... co uso de bengalas e botes de fume que dan um toque especial tanto nos desprazamentos como na casa.
Tempada 2005-2006, seguiremos animando ao compos, sempre e cando éste compita, cousa que nom é moi certa....
Tempada 2006-2007, a equipa comeza mal pero umha serie de victorias consecutivas situanos nos posstos de cabeza, o grupo viaja a Noia, Boiro, Vizonho, Burela... apoiando a equipa ainda que é o derbi co Cidade de Santiago (engendro) o encontro mais esperado. Chega o día, barra livre antes do futbol e caminho de San Lazaro a pe (ja facia anos...) lembrando cos nossos cánticos de que cor e Santiago de Compostela. Umha vez na grada despleganse duas pancartas, "REXEITA IMITACIONS" e "ANTES, AGORA E SEMPRE BERRAREI ADIANTE COMPOS", ganhamos 2-1 e subimos ao 2º possto a falta de tres jornadas, posicion q permite jogar a promocion, pero pouco dura a alegria ja que, umha vez mais, por motivos extradeportivos perdemos a segunda plaza e finalizamos a tempada na 3ª posiciom que da dereito a jogar a promociom pero nom garantiza, ainda ganhando o ascenso. O rival foi o Gran Penha, 1-0 ganhamos na casa e o grupo desplazase a Vigo para animar a equipa no encontro de volta, 0-1 ganhamos tamem e agora cos deberes feitos toca agardar resultados para saber onde jogaremos a vindeira tempada... A HISTORIA PODE CONTINUAR.