A idea de crear Fende*Testas jurde no ano 1994, pero cando se fai a presentacióm oficial do grupo é no primeiro encontro de liga da tempada 1995-1996, coincidindo co derbi coa equipa amiga do Celta de Vigo, partido ganhado por 0-1. O estreo como se soe dicir, melhor imposíbel, e para remata-la festa, 7 días despois, un dos triunfos máis doces para o compostelanismo, derrotar en San Lázaro ao Deportivo por 4-0, sendo este partido a nossa presentacióm na casa, situándonos no Fondo Norte de San Lázaro. Dende o primeiro partido emitimos un fanzine que se titulou Bancada Norte.
Dende os comezos, o grupo definiuse de esquerdas e independentista, apoiando dende o comezo a idea de Siareir@s Galeg@s, loitando por umha selección galega (que ja vai sendo hora...) junto com gente de Vigo, Corunha, Ourense, Lugo,etc...
O primeiro tifo que se realizou foi o de amosa-lo nosso aprecio e respeito a un jogador que marcou varias tempadas o corazón dos siareiros, falamos de IRU, "ESKERRIK ASKO, IRU IRU" cando visitou o nosso campo coa sua nova equipa. Nesa mesma tempada, aproveitando a visita do Barça, desplegaronse umhas pancartas co nome de vilas marinheiras e un lema que dicia "ADIANTE MARINHEIROS", numha época de crise no sector marinheiro galego.
Nesta primeira tempada, ademais da viaje a Vigo e a Corunha, estivemos presentes en Bilbao, Santander, Valladolid, Salamanca, Gijón, Oviedo e algúns membros desprazaronse a Donosti. Estivemos de festa cos HNT, cos Celtarras (2 días de festa con 2 barras livres) e coa gente de Penha Mújika.
Este primeiro ano, a parte de fanzine, tamém editamos uns modelos de camisolas, gorras, chapas, chisqueiros, parches, e fotomontages.
O 29 de marzal do 1996 celebrase na sala Factoria de Compostela o concerto a prol dumha Seleccióm Galega Ja!!! com Scornabois, Xenreira e os Diplomáticos, estando presente gente de toda Galiza.
Ja na tempada seguinte, sacamos o modelo de bufandas do grupo. As viajes forom seguindo as mesmas, destacando a viaje de 5 membros do grupo a Madrid, para ve-lo partido contra o Mandril. Destacan esa tempada as viajes a Donosti com manifa incluida. Os ertzainas fliparon cando nos viron durmir (ou isso se intentaba) na estacióm de cercanias, vaia caras pujerom. Tamén estivemos en Bilbao, en Vigo (onde sempre ganhamos menos un ano), en Corunha... foi a melhor tempada do grupo, maior número de socios, festas... este ano estrenamo-lo bandeiróm coa lenda "ADIANTE COMPOSTELA", estreado num partido de copa. Num partido importante para a equipa, distribuimos 2000 folhas en apoio ao adestrador Fernando Vázquez co título de "VÁZQUEZ: ORGULHO DA BANCADA" como mostra do apoio da afección cara o adestrador nos momentos máis duros, con discrepancias claras entre Caneda e Vázquez. Foi o ano do incidente co coche de Fidalgo. Viaje a corunha entre semám, e chegando a corunha parannos as forzas de ocupaçom para dicirnos que sen entradas nom seguiamos. Venhem do Deportivo e pidennos 5000 ptas (30 €) polas entradas, entradas que en Riazor estabam a vender a 2000 pesetas. A gente indignouse e non nos deijarom seguir sen as entradas, cousa que ocorreu e voltaronnos de para casinha. De volta a Compostela, saqueo en Carral (destrozo total) por parte de afeccionados do Compos. Cando o nosso bus chega a San Lázaro, o coche de Fidalgo atópase destrozado e a nossa sorpresa é que nos días seguintes aparece a vinculacióm do ocurrido com Fende*Testas, sobre todo nun jornal corunhés que titulaba "LOS CULPABLES ENTRE REJAS" cumha foto da pancarta do grupo en pleno partido.
Tempada 1997-1998. Ano de crise. A equipa comeza mal e iso nótase tanto no grupo coma na afeccióm, descenso de socios. O grupo intenta mantela linha de anos atrás, pero nótase que San Lázaro está medio baldeiro. Fanse as viajes normais, sen organizar viajes para gente de fóra (agás algúm caso) pero nas últimas semanas, debido a que nos jogabamos a promocióm, houbo viaje masivo a Vigo e algo menos a Corunha (quedamos 2-6, pero poucos afeccionados forom debido ao alto custo das entradas que pujo Lendoiro). Ainda así, na última semana nom poidemos salvarnos da promocióm e tocounos jogar co Vila-real. Até alí desprazamonos membros do grupo, pasando 12 horas no autobús, pasando umha boa viaje e chea de compostelanismo, estando presente a nossa pancarta nas valhas do madrigal. Ao final, o resultado de todos sabidos, co respectivo descenso a 2ª divisióm. É o primeiro gran golpe para o clube despois de máis de 10 anos de alegrías.
Co descenso de categoría, descende aínda máis o número de socios, quedando un grupo reducido pero compacto, que viaja a Ourense. No resto, é un ano tranquilo, sen ningumha actividade. O grupo está en decaída, como o clube. Tempada sen penas nen gloria. Así pasaron dúas tempadas, até a 00-01, onde se recupera un derbi co Racing de Ferrol, con viajes por parte das afeccións dos 2 conjuntos. Esta tempada fechase co descenso e descalabro do Compos na última jornada en Elche.
Na tempada 2001-2002, en 2ª B, destacan os enfrontamentos cos conjuntos galegos do Lugo, Ourense e Pontevedra, destacando os diversos enfrontamentos (piques dialécticos) que se sucederon en Pasaron entre as dúas hinchadas que se atopaban misturadas, pero onde os compostelanistas dimos un ejemplo de animación e aguante. O clube calsificouse para a liguilha de ascenso, onde nos tocou jogar co Mérida, Valencia B e Barça B. Houbo un bus de siareiros que se desprazaron até Mestalla e no partido seguinte en casa contra o Barça B, o Compos asinou o ascenso a falha dunha jornada á 2ª A, con invasióm de campo e lanzamento de botes de fume, a parte de desplega-lo bandeirón. Era a primeira alegría que nos daba o clube en 4 anos. Este ano, desprazamonos en coche ao estranjeiro, indo a varias cidades de Asturies e Castela (Ponferrada, Zamora, León,...).
De volta na 2ª A, a tempada 2002-2003 presentabase divertida (menos derbis pero...) e desprazamonos a Ferrol, Eibar, Gijón, Salamanca... Pero a alegría dura pouco e por motivos economicos descendemos a 2ª B, sendo unha tempada catastrófica en tódolos sentidos. Isso sí, seguíamos o mesmo "grupo inreductíbel" de 7 membros que seguiamos acudindo ao fútbol. É o ano do derbi co Deportivo en San Lázaro pola Copa do Cam (quero dicer, do rei), con incidentes entre as afeccións debido á escasez das forzas de inseguridade co desenlace do falecemento do seguidor do depor. Aínda así, algún deportivista foi quente para casa. San Lázaro recuperou por um día um aspecto espectacular despois de varios anos. Pero a directiva non fijo o seu trabalho en canto ao deportivo e pasou o que ja todos sabemos, descenso a preferente "grazas" ao concelho, directiva e aos liquidadores que tam bem o fijeron.
Na tempada 2004-2005, a equipa faise a última hora debido aos intereses do Concelho de que non competira, pero hai que darlhe as grazas a un conjunto de rapaces que sinten as cores do Compos e que estiverom dispostos a seguir no clube. O grupo desprazase a Santa Comba,Vilalba, Padrón, Corunha, Ribeira, Ordes.... co uso de bengalas e botes de fume que dan um toque especial tanto nos desprazamentos como na casa.
Tempada 2005-2006, seguiremos animando ao compos, sempre e cando éste compita, cousa que nom é moi certa....
Tempada 2006-2007, a equipa comeza mal pero umha serie de victorias consecutivas situanos nos posstos de cabeza, o grupo viaja a Noia, Boiro, Vizonho, Burela... apoiando a equipa ainda que é o derbi co Cidade de Santiago (engendro) o encontro mais esperado. Chega o día, barra livre antes do futbol e caminho de San Lazaro a pe (ja facia anos...) lembrando cos nossos cánticos de que cor e Santiago de Compostela. Umha vez na grada despleganse duas pancartas, "REXEITA IMITACIONS" e "ANTES, AGORA E SEMPRE BERRAREI ADIANTE COMPOS", ganhamos 2-1 e subimos ao 2º possto a falta de tres jornadas, posicion q permite jogar a promocion, pero pouco dura a alegria ja que, umha vez mais, por motivos extradeportivos perdemos a segunda plaza e finalizamos a tempada na 3ª posiciom que da dereito a jogar a promociom pero nom garantiza, ainda ganhando o ascenso. O rival foi o Gran Penha, 1-0 ganhamos na casa e o grupo desplazase a Vigo para animar a equipa no encontro de volta, 0-1 ganhamos tamem e agora cos deberes feitos toca agardar resultados para saber onde jogaremos a vindeira tempada... A HISTORIA PODE CONTINUAR.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario